BVG Atrás Índice de Páxinas |
Cantigas de amigo |
||
E no sagrado, en Vigo |
m1martincodax006.html
[B 1283 / V 889 / PV 6]
E no sagrado, en Vigo,
bailava corpo velido:
amor hei!
En Vigo, no sagrado,
bailava corpo delgado:
amor hei!
Bailava corpo velido,
que nunca houver'amigo:
amor hei!
Bailava corpo delgado,
que nunca houver'amado:
amor hei!
Que nunca houver'amigo,
ergas no sagrad', en Vigo:
amor hei!
Que nunca houver'amado,
ergas en Vigo, no sagrado:
amor hei!
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |